AVANSIG
Somos unha empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).
Contamos cunha sólida experiencia en Sistemas de Información Xeográfica (SIX), Xemelgos Dixitais e Sistemas de Intelixencia Xeoespacial, áreas nas que aplicamos o noso coñecemento para ofrecer ferramentas innovadoras e eficientes.
O noso obxectivo é crear solucións tecnolóxicas avanzadas que optimicen os procesos de negocio dos nosos clientes e colaboradores, achegando un valor diferencial aos seus produtos e servizos.
Cremos no traballo colaborativo como base para o éxito, establecendo relacións de confianza cos nosos socios tecnolóxicos. Apostamos pola innovación, o uso de software libre e a cooperación no desenvolvemento, participando en proxectos multidisciplinares para garantir solucións de alta calidade.
Cómo funcionamos?
MISIÓN
- Levar innovación a profesionais, empresas e corporacións
- Optimizar os seus procedementos e procesos produtivos
- Acompañar aos clientes na súa inmersión tecnolóxica
- Xerar un impacto positivo e sostible na sociedade e a contorna desde unha tecnoloxía con valores
VISÓN
- Ser unha empresa referente no ámbito da innovación tecnolóxica
VALORES
- Respecto
- Implicación
- Calidade
- Valentía
Premios
Outubro 2017
Premio á mellor Startup na categoría de Smart Mobility 2017 | Outorgado polo xurado do evento South Summit Innovation, Madrid
Febreiro 2016
Accésit á Innovación 2015 | Outorgado pola Federación Galega de Novos Empresarios
Outubro 2015
Premio á Innovación | Nos V Premios Clúster TIC Galicia
Decembro 2012
Premio AJE Junior 2012 | Outorgado pola Asociación de Novos Empresarios da Coruña
Distincións
Marzo 2025
Selo Empresa Responsabilízate | Outorgada pola Xunta de Galicia
Outubro 2021
Indicador Ardán Empresa Innovadora | Outorga o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu Servizo de Información Empresarial ARDÁN
Indicador Ardán Empresa con xestión do Talento | Outorga o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu Servizo de Información Empresarial ARDÁN
Decembro 2015
PEME Innovadora | Recoñecida pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade
Decembro 2014
Empresa colaboradora nas actividades de investigación coa universidade | Outorgada pola Universidade da Coruña
Decembro 2010
Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica | Outorgada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
Asociacións
Asociación gvSIG
A “Asociación para a promoción da xeomática libre e o desenvolvemento de gvSIG”, Asociación gvSIG, ten como obxectivo a sustentabilidade do proxecto gvSIG e o desenvolvemento da Xeomática Libre. Ao redor dos valores democráticos e solidarios propios do Software Libre expón o desenvolvemento dun novo modelo de negocio baseado na Cooperación e o Coñecemento compartido onde parte do beneficio xerado reverta no fortalecemento do Proxecto gvSIG.
Cluster TIC Galicia
O Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que se constituíu o 31 de xaneiro de 2008 para reunir as empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia.
Fundación CITIC
Desde a súa constitución en novembro de 2015, Avansig pertence ao padroado da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións de Galicia, Centro Singular de Investigación de Galicia, co que mantén unha estreita colaboración.
Responsabilidade social empresarial
A política de Responsabilidade Corporativa de Avansig ten como obxectivo o desenvolvemento dunha actividade sostible no longo prazo para os seus clientes, empregados, provedores, o medio ambiente e a sociedade en xeral.
Sendo conscientes do papel que Avansig ocupa na construción de valores colectivos, desenvolvemos prácticas e estratexias que contribúan a conciliar a actividade profesional cos valores sociais, ambientais e de igualdade entre persoas.
Sempre buscando a excelencia no seo da empresa, nas persoas, nas súas condicións de traballo así como a calidade dos nosos procesos produtivos. Por iso, levamos a cabo o programa Responsabilízache para avanzar no noso compromiso nesta materia e reforzar a nosa implicación cunha xestión responsable, ética e inclusiva.
En Avansig, entendemos a responsabilidade social non como unha obrigación, senón como unha forma de facer empresa: con propósito, con respecto e cunha visión a longo prazo que pon ás persoas e ao planeta no centro de cada decisión.