Axudas
TR353C - primeira experiencia profesional mocidade
Concesión da axuda dentro do programa «Primeira Experiencia Profesional Mocidade» para facilitar a mozos menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos.
Programa IA360
Este proxecto forma parte das actividades de I+D+i de Avansig relacionadas co proxecto «Sistema de xestión de coberturas vexetais e masas arbóreas baseado en Intelixencia Artificial» incluídas dentro programa do IA360. Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
TR349V - Subvencións destinadas ao financiamento da contratación de persoas mozas demandantes de emprego para a realización de iniciativas de investigación e innovación
Comprácenos informar que Avansig foi beneficiaria dunha axuda dentro do programa TR349V – Subvencións destinadas ao financiamento da contratación de persoas mozas demandantes de emprego para a realización de iniciativas de investigación e innovación.
Esta axuda reforza o noso compromiso co talento novo e a aposta polo desenvolvemento de proxectos innovadores que impulsen a competitividade e o coñecemento no noso sector.
TR342C - Programa de incentivos á contratación por conta allea - 2025
Avansig resultou beneficiaria dunha axuda dentro do Programa de incentivos á contratación por conta allea da Xunta de Galicia.
Estas axudas están destinadas a promover a contratación de persoas desempregadas por parte de empresas ordinarias e organizacións sen ánimo de lucro. Dáse especial prioridade a aquelas persoas que, segundo o establecido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, enfrontan maiores barreiras para acceder ao mercado laboral, co obxectivo de facilitar a súa integración na contorna empresarial.
Plan de Innovación de Avansig S.L. - 2024
«Para promover ou desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade»
TR890A - Programa Impacto Autónomo - 2023
Avansig resultou beneficiaria das axudas do Programa Impacto Autónomo – 2023 da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade, destinadas a minimizar o impacto da subida dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.
Programa Principia 2021 - expediente 019_IN848C_2021_780755
Avansig resultou beneficiaria das axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) destinadas ao fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación de Galicia. Persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 1 de marzo de 2021 (Programa Principia).
Programa Horizonte PEME 2019 - expediente IN607G 2019/01
Avansig resultou beneficiaria das axudas da Axencia Galega de Innovación (GAIN) concedidas ao amparo da Resolución do 31 maio 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa Marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Programa Principia 2019 - expediente 055_IN848C_2019_811523
Avansig resultou beneficiaria das axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) destinadas ao fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación de Galicia. Persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 11 de xaneiro de 2019 (Programa Principia).
Programa Principia 2016 - expediente 07_IN848C2016/1782418
Avansig resultou beneficiaria das axudas de o Programa Principia de a Axencia Galega de Innovación (GAIN) destinadas ao fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación de Galicia. Persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de xuño de 2016 (Programa Principia).